• Piragüilla

    Desde a Illa de Arousa, esta empresa especializada en turismo mariñeiro e deportes de aventura promove o achegamento á natureza e ás formas de vida vinculadas ao mar. A conservación do medio ambiente é unha das súas máximas.

  • Cantina Río Covés

    Durante 50 anos este restaurante situado á beira do esteiro do río Covés foi estanco, cantina e almacén de sal no Esteiro do Covés. Sobre os piares da vella casa familiar, ofrece cociña local, recuperando pratos típicos do Eume a carón da lareira. Forma parte do proxecto Cantinas do Eume.

  • Stoupa

    Unha interiorista e un arquitecto de Cee, Begoña e a súa parella, reformaron un baixo para montar STOUPA na mesma vila onde naceron. Stoupa é unha tenda física e en liña onde ofrecer artesanía e produtos autóctonos, unha galería de arte e un lugar onde ofrecer servizos turísticos “100% Costa da Morte”

  • Rosa Lafuente

    Conservera Gallega é unha empresa centenaria cunha longa experiencia na elaboración de conservas de calidade situada en Vilanova de Arousa. A coidada presentación da liña Rosa Lafuente, cun envoltorio "vintage" pón en valor o produto, cun proceso de elaboración natural que coida a tradición.

  • Asociación de Mulleres Mar de Arousa

    Creada en 2016, agrupa a mariscadoras, armadoras, bateeiras, redeiras, percebeiras e empresarias do sector marítimo pesqueiro da ría de Arousa. Traballa pola visibilidade dos seus oficios e o empoderamento da súa posición profesional.

  • Porto de Cambados

    Empresa nacida no seo da Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados no 2012, coa finalidade de colocar no mercado unha vieira galega que cumplira todos los requisitos sanitarios e de trazabilidade. Co certificado de PescadeRías, garántese un produto da pesca do día, artesanal, selectiva, sostible e responsable.

  • Amarcarril

    Asociación de mariscadoras de Carril creada desde o convencemento de que a transmisión da historia e do oficio do marisqueo á xente máis nova e ao público en xeral axuda a inculcar o respecto e a consideración pola profesión e a loitar contra o furtivismo.

  • ANMUPSCA

    A primeira asociación a nivel nacional que agrupa as mulleres de todas as actividades vinculadas á pesca: redeiras, mariscadoras, mariñeiras, sector da acuicultura, industria da transformación e armadora. Intégrana 18 asociacións, son máis de 600 mulleres de todo o Estado.

  • Guimatur

    Asociación cultural de mariscadoras e redeiras creada en 2004 que organiza rutas de turismo mariñeiro e visitas a conserveiras e adegas. Elas foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.

  • Babadiva, educación ambiental e ecoturismo

    Empresa dedicada á educación ambiental e o ecoturismo desde Val Miñor. O seu equipo confórmano persoas profesionais do ámbito da bioloxía (con especialización en Recursos pesqueiros, Educación e Formación) e con experiencia como monitoras.

  • Ponle cara al turismo

    Consultora de Vigo especializada en turismo creativo, comunitario e industrial. Ofrece formación para empresas, emprendedoras e profesionais do sector. Fomenta un turismo responsable achegando as visitantes á poboación local, buscando o enriquecemento colectivo.

  • O Fieital

    Asociación formada no 2004 para defender os intereses das redeiras asociadas e loitar polo recoñecemento dun oficio que era "complementario" ás labores caseiras. Organizan visitas escolares e turísticas e para o público en xeral.

  • Conservas Sotavento

    Pequena empresa familiar de Porto do Son que pón en valor o produto local. Recetas innovadoras e envases de cristal: traballan desde a tradición cunha perspectiva actual. Conta con selos de calidade e de orixe.

  • Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme

    Aplican o oficio de redeira artesá a orixinais creacións (bolsos, mochilas, roupa...) e ofrecen demostracións en vivo onde amosan o seu traballo de montaxe e de reparación de útiles e instrumentos de pesca.

  • Candieira: experiencias inspiradoras #6

    Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme / Conservas Sotavento / Piragüilla

  • Candieira: experiencias inspiradoras #5

    Asociación de Mulleres Mar de Arousa / Cantina Río Covés / Conservas Sotavento

  • Candieira: experiencias inspiradoras #4

    Rosa Lafuente / Asociación de Mulleres Mar de Arousa / Stoupa

  • Candieira: experiencias inspiradoras #3

    Amarcarril / Asociación de Mulleres Mar de Arousa / Porto de Cambados

  • Candieira: experiencias inspiradoras #2

    Babadiva, educación ambiental e ecoturismo. / Guimatur. Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados" / ANMUPSCA (Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca)

  • Candieira: experiencias inspiradoras #1

    Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme / Conservas Sotavento / Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns / Ponle cara al turismo / Asociación de redeiras O Fieital

  • Proxectos-GALP-Artabro-Sur

  • Proxectos-GALP