Amarcarril

 

Catro amigas de sempre, Rita, Pupe,Vivi e Inma crearon a Asociación de Mariscadoras de Carril para amosar e explicar o seu traballo aos rapaces e rapazas nos bancos de ameixa e berberecho.

Amarcarril

A orixe
 

"Chegaban as excursións de final de curso e viñan preguntarnos cousas. Pensamos que podíamos amosarlles como sachar, como coller un raño. E ao tempo, concienciar ás xeracións futuras sobre o furtivismo, contarlles que esta é unha saída laboral como outra".

"Traballabamos seguido pero houbo 2 anos nos que estivemos sen traballar por unha toxina, por unha riada... Estábamos desanimadas pero ao tempo comezamos a darlle voltas a este proxecto".

 

Amarcarril

Alianzas
 

O seu proxecto orixinal foise ampliando. Hoxe reciben a turistas, a colectivos diversos, e tamén acuden elas mesmas ás escolas. Tamén informan sobre todo o relativo á obtención dos PERMEX.

Latexos de turismo, Bluscus, Galicia es +, Alvamar, Corticata e Dalle que dalle anuncian a súa actividade. "Moitas innovaron as súas rutas marisqueiras connosco".

 

Amarcarril

Unha loita con futuro
 

O marisqueo antigamente era para o autoabastecemento da xente que vivía pegada ás ribeiras. Para chegar a ser un oficio houbo unha loita. "Queremos achegar o noso grao de area, que se saiba o traballo que hai detrás, que as ameixas non nacen soas, que non as pode coller calquera".

Antes que ameixa, en Carril collíanse ostras e mexilóns. Houbo unha crise grande de sardiña, que era o que máis se consumía, e comezouse a experimentar con moluscos. A xente comezou a deixar traballos en terra para ir ao mar. A cousa empezou a profesionalizarse.

 

Amarcarril

As visitas
 

Algunhas das mariscadoras de máis idade son reacias a dar o seu traballo a coñecer. Por iso organizaron as visitas nos campos de cultivo (elas teñen os seus propios parques delimitados por varas, unha característica propia de Carril) "para non tropezar con ter que pedir permisos".

"Puidemos empezar co noso material, con tres ganchas". O que cobran é simbólico, para poder manter o que teñen. Dispoñen dun espazo no antigo mercado de Carril, pechado hai unha década. As súas familias apoiáronas e axudáronas a acondicionalo.

 

Amarcarril

Todo isto supón...
 

"Andar ás présas...

...Pero hai tempo para todo, só hai que saber distribuílo"

 

 

 

Amarcarril

...e ter a mellor
oficina do mundo

 

Amarcarril

 

 

Pupe renunciou a un traballo fixo con soldo para irse ao desemprego: "A min o que me enche é o mar"

Inma: "O outro día vimos arroaces e dixemos, pero haberá traballo máis bonito ca este?"

Rita: "A nosa oficina cambia cada día. Vemos amenceres!"

Pupe: "No inverno é moi duro. Ensinámoslles as mans e alí xa se ve todo".

Amarcarril

Pero compensa
 

O machismo
 

Están en ANMUPESCA e son cofundadoras
da Asociación de Mulleres de Arousa.

 

"Aínda existe bastante machismo pero a nós dános igual, facemos o que queremos."

Pupe: "Cando saquei o permiso para conducir a lancha había veces isto parecía un circo: xente na balaustrada mirando, a ver cando chocaba".

Rita: "Tiña 15 anos cando comecei a traballar subastando. Comíanme. Tatexábanme os números ata que dixen: ou te subes enriba deles ou non vales para este traballo"

 

Amarcarril

O seu logotipo reproduce o Camiño do Carro que dá acceso á Cortegada. A avoa de Inma marisca na mesma area. O xogo de palabras de Amarcarril xa o imaxinades ;-)

Amarcarril

Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme

Amarcarril

By GALP

Amarcarril

Asociación de mariscadoras de Carril creada desde o convencemento de que a transmisión da historia e do oficio do marisqueo á xente máis nova e ao público en xeral axuda a inculcar o respecto e a consideración pola profesión e a loitar contra o furtivismo.

  • 307
Loading comments...

More from GALP