ANMUPESCA

 

Asociación Nacional
de Mujeres de la Pesca

Algunhas foron pioneiras ao constituír as asociacións que integran ANMUPESCA, afianzando a súa posición na súa área estratéxica (redeiras, mariscadoras, transformadoras do peixe).

Intégrana 18 asociacións,
máis de 600 mulleres de todo o Estado

 

ANMUPESCA

Creouse no 2016 resultado do convencemento
de que só unidas conseguirán obxectivos comúns

 

É a primeira asociación a nivel nacional que agrupa as mulleres de todas as actividades vinculadas á pesca: redeiras, mariscadoras, mariñeiras, sector da acuicultura, a industria da transformación e armadoras.

ANMUPESCA

“Moitas das nosas profesións non constan como tales. Desde ANMUPESCA temos que definir e concretar esas ocupacións de facto cuxo formulamento teórico é nulo ou permanece oculto”.
Decidimos dar o paso de crear a asociación para poñer riba da mesa problemas que nos son comúns, como a competencia desleal, ou a conciliación, entre outros moitos asuntos”.

 

ANMUPESCA

Aposta, ademais, por facer proxectos e crear postos de traballo cun impacto enriquecedor no territorio onde se implantan: “As mulleres teñen unha vida empresarial máis longa e crean máis postos de traballo”, din desde a asociación.

 

ANMUPESCA

ANMUPESCA

Defenden:
 

  • Intereses económicos e profesionais das asociadas e das mulleres que traballan no sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola ou nas actividades e servizos vinculadas

  • Visibilización e dignificación. Mellora das condicións profesionais

  • Reforzo do empoderamento

  • Aumento do recoñecemento e conciencia social

  • Labor informativa de cara a incorporar novas asociacións

  • Darse a coñecer á sociedade e ás administracións e entidades con competencia en materia de pesca e igualdade

  • Busca de financiamento para poñer en marcha proxectos

  • Mellora da conciliación

 

ANMUPESCA

Demandas
á administración

 

Traballo a prol de retos e na defensa
de problemas comúns

  • Aínda hai profesionais que non consta
    a súa definición como profesión

  • Necesidade do coeficiente reductor
    en materia de xubilación

  • Recoñecemento de
    enfermidades profesionais