O Centro de Desenvolvemento Rural Euroeume, xestor do programa Proder, é o responsable de entregar os certificados de calidade para a rede de hostalería rural Cantinas do Eume
"CANTINAS DO EUME é un proxecto pioneiro en España na adecuación de establecementos rurais a procesos e xestión de calidade é froito do Plan de Desenvolvemento Turístico elaborado por Euroeume e da iniciativa privada.
O proxecto aposta por unha alternativa ao mundo rural dunha comarca rica en historia e natureza pero cunha poboación de case corenta mil persoas distribuídas nun marco agrario, polo que entendemos que o noso compromiso co desenvolvemento da comarca como unha forma de colaboración ao benestar social.
Os pais de Inma levantaron unha casa no antigo varadeiro do Río Covés onde antes o seu avó botara o último vapor. Durante 50 anos foi estanco, cantina e almacén de sal no Esteiro do Covés. A Cantina Río Covés érguese sobre os piares da vella casa familiar.
A familia
Leira Luaces
No 2007 a Cantina obtén a primeira certificación en restauración de Galicia
“Uns avós adiantados ao seu tempo, unha infancia feliz e crer que se pode”.
Na foto, a avoa de Inmaculada Sánchez Leira, que foi “faro e guía” dos oito fillos que tivo
“A creación dunha empresa conleva un complexo entramado burocrático. Despois, o propio mercado vai dirixindo e deseñando o tipo de negocio que pode saír adiante”.
“Sempre fun consciente da importancia da hostalería no sector turístico. A Cantina diferénciase do resto da hostalería do Eume por ter un sistema de calidade que require unha mellora continua e pola estacionalidade. Non quixen facer innovación na gastronomía, senón recuperar vellos sabores e recendos e que a Cantina fose ao ritmo do que a natureza agasalla en cada tempada”.
“A nosa vida cambiou: un restaurante é unha forma de vida e vaise desenvolvendo co tempo. O propio espazo crea posibilidades que hai que probar”.
“Ferrán Adriá dixo: Paradoxicamente, requírese moita orde e disciplina para ser libre, e resultou ser certo”.
“O mundo continua e evoluciona sen pausa. Cos negocios ocorre o mesmo”.
“A sociedade cambiou os seus hábitos de lecer e nós temos que adiantarnos en ofertas. Pontedeume, as Fragas, o mar, o Camiño Inglés... Sempre buscando un turismo sostible.”
www.riocoves.com