Stoupa

 

Stoupa

Begoña: “A nosa idea é ser un escaparate da Costa da Morte. Por diante do noso estudo de arquitectura pasan os peregrinos. Parécenos que a información que se lles ofrece é pobre: nós queríamos ir máis alá e ofrecerlles algo de calidade”.


 

t

Un “concept store” nun lugar afastado


 

Unha interiorista e un arquitecto de Cee, Begoña
e a súa parella, reformaron un baixo para montar STOUPA na mesma vila onde naceron.

Stoupa

 

 

Houbo que facer investimento para rehabilitar o noso baixo, pelexar coas licenzas...” En función do que van aprendendo van perfeccionando o seu modelo de negocio.

Stoupa é unha tenda física e en liña onde ofrecer artesanía e produtos autóctonos, unha galería de arte e un lugar onde ofrecer servizos turísticos “100% Costa da Morte”

 

Stoupa

  • Central de reservas e empresa de servizos turísticos e de lecer: desde aloxamento turismo de aventura, vela, bocexo, surf, paseos en barco, etc.

  • Obras únicas da Costa da Morte. Expoñen e venden: alfarería, marroquinaría, moda, literatura, pintura, escultura, fotografía, música...

  • Produtos autóctonos en liña (peixe e marisco, carne de porco celta ou conservas). Tamén ofertan na tenda produtos delicatessen como cervexas artesáns de auga do mar, un gin tonic “Costa da Morte” ou produtos únicos de repostaría elaborados con algas.


 

 

As belas artes, as artes novas e a artesanía da zona danse a man en Stoupa desde o verán do ano pasado. Pero Stoupa é moito máis:

 

Visibilidade
 

Os artistas e os artesáns da zona non teñen promoción”. Con Stoupa querían dar visibilidade a todo o que pasa no mundo das artes na Costa da Morte. Unha vez ao mes convidan a un artista a expoñer na súa galería, e traballan moito na promoción.

Esa visibilidade pasa por apostar por unha web potente, e unhas redes sociais moi activas: todos os días actualizan facebook, instagram e twitter.

Gustaríanos que a xente aprezase o traballo que hai detrás.”

 

 

Stoupa

A meta
 

Conseguir que a xente vexa estoupa como un centro, que sexa un punto de encontro.

 

 

Stoupa

A visión da beleza
 

O monte Pindo, un monte novo, contrastando co resto da paisaxe é unha das visións costeiras favoritas de Begoña. “Tamén o Cabo Fisterra”.

Algo que a motiva, a súa Candieira é sempre suxerente. “Unha fotografía, unha textura, unha pintura, unha composición, unha cadeira cun detalle, todo me iso me pode transmitir algo”.

Un produto do mar: a centola.

 

Stoupa

Na rede
 

http://www.stoupa.gal

https://twitter.com/stoupaturismo

https://www.instagram.com/stoupa.gal

 

 

Stoupa

Stoupa

By GALP

Stoupa

Unha interiorista e un arquitecto de Cee, Begoña e a súa parella, reformaron un baixo para montar STOUPA na mesma vila onde naceron. Stoupa é unha tenda física e en liña onde ofrecer artesanía e produtos autóctonos, unha galería de arte e un lugar onde ofrecer servizos turísticos “100% Costa da Morte”

  • 625