Peixería restaurante
Un cociñeiro e un peixeiro
xúntanse para poñer en marcha
un restaurante cuxo menú
se atopa nun mostrador
de peixería.
Corcubión
Peixería restaurante
Todo o que se expón
neste mostrador está
á venda e cocíñase.
A peixería abastécese
con pescadores locais
e doutras lonxas
da costa.
Peixería restaurante
Casa histórica no centro de Corcubión, vistas ao porto, rehabilitada. Local amplo e luminoso, detalles mariñeiros e un mostrador de peixería digno de fotografar.
Peixería restaurante
Peixería restaurante
O negocio está na peixería, o restaurante é un complemento para fidelizar o público, para que comproben a calidade do peixe.
A peixería ten un comedor anexo.
Logo de comprar a mercadoría,
o cliente entra ao comedor
e escolle como quere o peixe:
plancha ou caldereta.
Ao prezo de venda do peixe engádenselle 1,50 euros por cada ración de 250 gr que se cociña.
Hai carta de viños, empanada.
Os clientes poden levar a súa propia botella de viño.
Peixería restaurante
Máis información
www.peixeriamarviva.com
Equipo
2 persoas (1 cociñeiro e 1 peixeiro)
Peixería restaurante
Turismo mariñeiro
Primeira axencia en liña especializada
en experiencias de lecer no mundo
do mar –turismo mariñeiro—.
Ofrecen vivencias arredor do
mar, dende obradoiros de pesca,
xornadas con mariscadoras
ou visitas a fábricas conserveiras.
Vigo
Tusimo mariñeiro
Spot promocional de Bluscus
Contan cunha plataforma web
competitiva e que dinamizan
a través de eventos mariñeiros mensuais.
Unha das claves do negocio é que Bluscus se encarga de formar os fornecedores
dos servizos turísticos.
Tusimo mariñeiro
Abarcan un perfil amplo de clientes, dende xente moza ata familias con nenos, sen descoidar as empresas, que están moi interesadas neste tipo de experiencias para as súas actividades de incentivos.
Suxiren opcións segundo as perspectivas do cliente. Se o turista quere gozar das Rías Baixas poderían realizar unha ruta mariñeira a pé e en barco para coñecer calquera das illas do Parque das Illas Atlánticas.
Experiencias alternativas: concerto nunha goleta
Máis información
www.bluscus.es
Equipo
2 socios fundadores
+ 1 traballadora
incorporada máis tarde.
Turismo mariñeiro
Multiaventura e medio ambiente
Un grupo de xente nova
da zona, apaixoada do mar,
xúntase en 2014 para organizar
actividades educativas,
deportivas e de turismo
activo relacionadas co mar:
vela, surf, SUP, kayak,
mergullo e esnorquel.
A Mariña-Ortegal
Multiaventura e medio ambiente
A actividade de Maremasma diríxese a todos os públicos cunha filosofía común: gozar da costa
e os seus recursos naturais, fomentando o respecto ambiental.
Multiaventura e medio ambiente
O prezo das actividades deportivas inclúe o material para levalas a cabo, vestiarios, duchas e seguro de responsabilidade civil
e de accidentes.
A maiores, alberga a Gamus surf: única marca de tablas de surf na zona. Tamén fan reparacións.
Multiaventura e medio ambiente
Máis información:
www.maremasma.com
Equipo: 4 persoas no equipo
e colaboradores (Un biólogo
e unha bióloga, dous entrenadores
deportivos, un técnico superior
en pesca, un ornitólogo...)
Multiaventura e medio ambiente
Restaurante con cetaria
Restaurante con cetaria e obradoiro
(unha cociña central onde se preparan
e testan os pratos). Conta tamén
con mercado e taberna.
Corrubedo
Restaurante con cetería
Detectaron que cada vez había
máis xente comendo fóra
da casa que busca comer sano,
e que non sabe ou non ten tempo
para cociñar peixe fresco.
Investigaron en Internet e intentaron seguir as tendencias de países
onde levan a comida preparada
ao lugar de traballo.
Restaurante con cetaria
Corrubedo está a carón da lonxa de Ribeira, unha das lonxas con máis
volume de peixe do día de Europa.
Deste xeito asegúranse o acceso directo
a unha materia prima fundamental
no negocio.
Restaurante con cetería
O principal ingrediente dos pratos, tanto de venda a profesionais ou a particulares como en restauración é o peixe e marisco do día da lonxa de Ribeira.
Restaurante con cetería
Corrubedo só tiña algo de xente no verán e para hostelería. Benboa contribúe a que Corrubedo teña máis sona, veña xente fóra da época do verán,
e estabiliza unha plantilla media durante todo o ano duns 20 empregados.
Restaurante con cetería
Unha proposta de valor interesante e única
para os clientes.
Restaurante con cetería
O impulso e aproveitamento do patrimonio cultural ou ambiental é básico na súa estratexia de comunicación. Benboa presume de non facer una serie de pratos e "snacks" de mar nunha nave nun polígono industrial, senón de estar nunha vila historicamente mariñeira, localizada nunha antigua fábrica de salazón restaurada e en contacto directo coa contorna.
Máis información
www.benboa.com
Equipo: Media anual de 20 empregados.
Tiñan experiencia previa na restauración
e nas empresas armadoras da pesca.
Restaurante con cetaria
Conservas artesás de algas
Mar de Ardora debe o seu nome
ao brillo prateado que crean
no mar unhas algas microscópicas.
Ortigueira
Conservas artesás de algas
Proxecto persoal de dous amigos amantes do mar. Abriu no 2012 cunha axuda do Igape e as axudas á reindustrialización da comarca.
É unha planta de conservas artesás de algas. Ofrecen algas deshidratadas, frescas ou
en conserva e unha sobremesa
a base de marmelo de alga
kombu de azucre.
Conservas artesás de algas
Historicamente as algas empregáronse para abono en Galicia, e foron desprezadas como alimento ata hai poucos anos (en Asia hai tempo que saben que é un manxar e un cóctel de nutrintes). Hoxe no noso país xa son empregadas nos mellores restaurantes.
Conservas artesás de algas
Venden o produto en fresco e realizan persoalmente a extracción (entre marzo e setembro), a man, e no momento óptimo para arrincar as algas vivas da roca sen comprometer o hábitat. Teñen permiso da Xunta para extraer 28 especies. O seu lema é «Galego, artesán e sostible ao 100%»
Conservas artesás de algas
Este verán crearon, xunto a Keltius (cervexeiro artesán de Ourense), Hippokampus, a primeira cervexa artesá elaborada a base de malta de cebada, alga leituga de mar e lúpulo.
Conservas artesás de algas
Equipo:
1 licenciado en Ciencias do Mar
e 1 licenciado en Bioloxía
Máis información
www.mardeardora.es
Conservas artesás de algas