Educación ambiental e ecoturismo
A diversificación e a dinamización económica do sector pesqueiro e doutros relacionados (turismo, hostelería, comercio, etc.) no Valmiñor.
Ofrecer unha alternativa turística integral
A desestacionalización e a descentralización do turismo cara dentro dos municipios.
Concienciar e sensibilizar arredor do medio ambiente e dos recursos naturais
Marmiñor Rutas dá resposta ás necesidades
dun novo perfil de visitante: aquel que busca programas alternativos ao turismo de sol e praia
Aproveitan os recursos propios da zona: lonxas, portos, espazos naturais, etc.
Colaboran con profesionais do sector da pesca e o marisqueo e do campo medioambiental.
Posiciónanse en axencias de viaxes, oficinas de turismo, e a través de internet
Itinerarios sostibles: Combina actividades culturais, gastronómicas, deportivas e rutas adaptadas a diferentes perfís (xente nova, familias, centros educativos, colectivos con necesidades especiais, etc.)
Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados"
Asociación cultural de mariscadoras
e redeiras que organiza rutas de turismo mariñeiro
Foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.
Na actualidade tamén visitan
conserveiras e adegas.
En 2004, tras formarse en dinamización do medio mariño. María José Cacabelos é a presidenta de Guimatur: “Dezaseis de nós aprendemos nese curso a falar en público e tratar aos clientes. Da actividade xa sabiamos. Ese mesmo ano fixemos a primeira ruta, optando pola fórmula de asociación cultural”
“Guimatur é unha alternativa e un apoio ao noso traballo principal, o marisqueo. Vamos a feiras turísticas e entramos en paquetes de axencias grandes”
Guimatur recibiu varios premios: O Equal, o do Diario
de Arousa, en FITUR... “Co que recibimos do Equal mercamos unha caseta informativa”
“Ao principio ninguén daba un peso por nós.
Circulaba o estereotipo de que as mariscadoras
non eramos formais”.
“Pero seguimos e estamos promocionando
o noso traballo e poñendo en valor os nosos
recursos e iso fainos sentir moi orgullosas”.
O esforzo. “Todo depende de nós directamente
e aplicámonos na xestión”. Ao non estar
xestionado por unha entidade ou unha confraría,
as mulleres organízanse con tempo.
Os detalles: “Agasallan unha bolsiña de cunchas que fan as redeiras e unha guía de marisqueo."
O amor propio: “Non só servimos para traballar no mar, senón tamén para transmitir o valor do noso traballo e do produto”
Para impulsar unha iniciativa semellante,
as mulleres de Guimatur aconsellan:
Quen visita as mariscadoras ve o seu
traballo, admírao, ve as vantaxes
(a conciliación, “non ter ninguén a mandar
en ti”). Todo isto xeroulles máis autoestima!
“É moi bonito facer as rutas, coñecer
a persoas que teñen outras experiencias,
tratar co público”
http://guimatur.org/
Asociación Nacional
de Mujeres de la Pesca
Algunhas foron pioneiras ao constituír as asociacións que integran ANMUPESCA, afianzando a súa posición na súa área estratéxica (redeiras, mariscadoras, transformadoras do peixe).
Intégrana 18 asociacións,
máis de 600 mulleres de todo o Estado
Creouse no 2016 resultado do convencemento
de que só unidas conseguirán obxectivos comúns
É a primeira asociación a nivel nacional que agrupa as mulleres de todas as actividades vinculadas á pesca: redeiras, mariscadoras, mariñeiras, sector da acuicultura, a industria da transformación e armadoras.
“Moitas das nosas profesións non constan como tales. Desde ANMUPESCA temos que definir e concretar esas ocupacións de facto cuxo formulamento teórico é nulo ou permanece oculto”.
Decidimos dar o paso de crear a asociación para poñer riba da mesa problemas que nos son comúns, como a competencia desleal, ou a conciliación, entre outros moitos asuntos”.
Aposta, ademais, por facer proxectos e crear postos de traballo cun impacto enriquecedor no territorio onde se implantan: “As mulleres teñen unha vida empresarial máis longa e crean máis postos de traballo”, din desde a asociación.
Intereses económicos e profesionais das asociadas e das mulleres que traballan no sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola ou nas actividades e servizos vinculadas
Visibilización e dignificación. Mellora das condicións profesionais
Reforzo do empoderamento
Aumento do recoñecemento e conciencia social
Labor informativa de cara a incorporar novas asociacións
Darse a coñecer á sociedade e ás administracións e entidades con competencia en materia de pesca e igualdade
Busca de financiamento para poñer en marcha proxectos
Mellora da conciliación
Traballo a prol de retos e na defensa
de problemas comúns
Aínda hai profesionais que non consta
a súa definición como profesión
Necesidade do coeficiente reductor
en materia de xubilación
Recoñecemento de
enfermidades profesionais