Creouse en 2016 para agrupar a mariscadoras, armadoras, bateeiras, redeiras, percebeiras e empresarias do sector marítimo pesqueiro da zona da Ría de Arousa.
Confórmana mulleres de actividades, orixes e formacións moi dispares. “O noso nexo de unión é que todas estamos profesionalmente ligadas ao mar”.
“A convicción de que quedaba un longo camiño en materia de igualdade de oportunidades dentro da actividade pesqueira fíxonos crear a asociación”.
“A falta de orzamento foi a dificultade que máis orgullosas estamos de ter superado. Non tiñamos
nada e aínda así sacamos proxectos adiante”
“Xuntar esforzos sen pararnos nas diferencias
e con visión a longo prazo”.
“Sóbrannos os proxectos! O problema é que falta diñeiro para executalos e tempo para deseñalos e formulalos”.
Que as mulleres accedan
a postos e órgaos decisorios.
O Centro de Desenvolvemento Rural Euroeume, xestor do programa Proder, é o responsable de entregar os certificados de calidade para a rede de hostalería rural Cantinas do Eume
"CANTINAS DO EUME é un proxecto pioneiro en España na adecuación de establecementos rurais a procesos e xestión de calidade é froito do Plan de Desenvolvemento Turístico elaborado por Euroeume e da iniciativa privada.
O proxecto aposta por unha alternativa ao mundo rural dunha comarca rica en historia e natureza pero cunha poboación de case corenta mil persoas distribuídas nun marco agrario, polo que entendemos que o noso compromiso co desenvolvemento da comarca como unha forma de colaboración ao benestar social.
Os pais de Inma levantaron unha casa no antigo varadeiro do Río Covés onde antes o seu avó botara o último vapor. Durante 50 anos foi estanco, cantina e almacén de sal no Esteiro do Covés. A Cantina Río Covés érguese sobre os piares da vella casa familiar.
A familia
Leira Luaces
No 2007 a Cantina obtén a primeira certificación en restauración de Galicia
“Uns avós adiantados ao seu tempo, unha infancia feliz e crer que se pode”.
Na foto, a avoa de Inmaculada Sánchez Leira, que foi “faro e guía” dos oito fillos que tivo
“A creación dunha empresa conleva un complexo entramado burocrático. Despois, o propio mercado vai dirixindo e deseñando o tipo de negocio que pode saír adiante”.
“Sempre fun consciente da importancia da hostalería no sector turístico. A Cantina diferénciase do resto da hostalería do Eume por ter un sistema de calidade que require unha mellora continua e pola estacionalidade. Non quixen facer innovación na gastronomía, senón recuperar vellos sabores e recendos e que a Cantina fose ao ritmo do que a natureza agasalla en cada tempada”.
“A nosa vida cambiou: un restaurante é unha forma de vida e vaise desenvolvendo co tempo. O propio espazo crea posibilidades que hai que probar”.
“Ferrán Adriá dixo: Paradoxicamente, requírese moita orde e disciplina para ser libre, e resultou ser certo”.
“O mundo continua e evoluciona sen pausa. Cos negocios ocorre o mesmo”.
“A sociedade cambiou os seus hábitos de lecer e nós temos que adiantarnos en ofertas. Pontedeume, as Fragas, o mar, o Camiño Inglés... Sempre buscando un turismo sostible.”
www.riocoves.com
É unha pequena empresa conserveira familiar que pon en valor o produto local. Traballan desde a tradición, cunha perspectiva actual.
...emprega para as súas conservas peixe e marisco local e fresco con outros ingredientes naturais. Contan con selos de calidade e de orixe.
Recetas innovadoras que non hai no mercado e envases de cristal. O deseño é rompedor (fuxen das letras de pergamiño e tapas con telas de cadros e lazo)
As conservas que se facían na súa casa (Eva, María e Maica
son irmás) para conservar o produto e consumilo durante
todo o ano. A súa nai traballaba no mundo conserveiro.
A certeza de que a súa tradición caseira e local podía chegar a máis persoas: un produto de altísima calidade agochado na economía doméstica non tiña unha saída axeitada ao mercado.
De saír ao paso das dificultades grazas ao apoio da xente da súa contorna (que insistiu na viabilidade da idea) e tamén ao apoio institucional de ser as donas do seu futuro
Ter unha boa razón,
unha boa idea e un bo equipo
Dar a coñecer Sotavento como un referente de calidade no mundo da conserva.
Alí onde haxa brasa e sardiña!
www.conservassotavento.com