Rosa Rodríguez Vidal, fundadora da asociación, cóntanos que as redeiras estiveron tradicionalmente desarticuladas. Esta asociación naceu no 2009 para que estas mulleres que traballaban de forma illada, na súa familia, puidesen unificar tarifas, esixir recoñecemento profesional e promover iniciativas que mellorasen as súas condicións de vida e de traballo. Ao inicio eran só cinco redeiras. Na actualidade forman parte dela vinte e unha redeiras dos portos de Corme e Laxe.
"A cuestión era estar unidas para ter máis forza. En grupo escóitanse máis as nosas peticións e fannos máis caso. Temos unha profesión que era case invisible: tratábase de facela visible e ir gañando os nosos dereitos".
"Agora temos menos problemas de competencia entre nós: o prezo que conseguimos unidas mesmo se duplicou. Ademais, conseguimos que se recoñeceran algunhas enfermidades profesionais".
Seguindo a estela doutras redeiras noutros portos galegos, no camiño pola dignificación da profesión animáronse a participar en iniciativas innovadoras como a aplicación do oficio de redeira artesá ao ámbito dos complementos de moda.
"Queríamos amosar o noso traballo desde outro punto de vista. E así foi como as redes serviron para crear novos complementos de moda que comercializamos co selo de Artesanía de Galicia"
"R&M naceu motivada pola estacionalidade do traballo e a baixada de demanda que sufríamos as redeiras en distintos portos. Precisabamos diversificar a actividade e tanto a Consellería do Mar como Artesanía de Galicia apoiáronnos para aplicar as nosas artes na artesanía. Lográmolo a través do proxecto Enredadas, no que participaron inicialmente outros portos e no que seguimos as asociacións de Corme e A Guarda"
Seguir impulsando a artesanía
Acadar o coeficiente corrector
(non é posible traballar como redeira con 67 anos).
Combater o intrusismo
https://www.facebook.com/RM-Complementos-414609305412359
http://www.emprendedorasgalicia.es/ecommerce/illadaestrela/es
É unha pequena empresa conserveira familiar que pon en valor o produto local. Traballan desde a tradición, cunha perspectiva actual.
...emprega para as súas conservas peixe e marisco local e fresco con outros ingredientes naturais. Contan con selos de calidade e de orixe.
Recetas innovadoras que non hai no mercado e envases de cristal. O deseño é rompedor (fuxen das letras de pergamiño e tapas con telas de cadros e lazo)
As conservas que se facían na súa casa (Eva, María e Maica
son irmás) para conservar o produto e consumilo durante
todo o ano. A súa nai traballaba no mundo conserveiro.
A certeza de que a súa tradición caseira e local podía chegar a máis persoas: un produto de altísima calidade agochado na economía doméstica non tiña unha saída axeitada ao mercado.
De saír ao paso das dificultades grazas ao apoio da xente da súa contorna (que insistiu na viabilidade da idea) e tamén ao apoio institucional de ser as donas do seu futuro
Ter unha boa razón,
unha boa idea e un bo equipo
Dar a coñecer Sotavento como un referente de calidade no mundo da conserva.
Alí onde haxa brasa e sardiña!
www.conservassotavento.com
Marta Iglesias é unha das cabezas visibles de Piragüilla.
É monitora, guía do parque nacional das Illas Atlánticas
e mariscadora.
...unha empresa de turismo activo e mariñeiro nacida coa intención de diversificar o sector do marisqueo a pé, ao cal se dedica Marta desde os 16 anos n´A Illa de Arousa.
Para iso organizan:
—Excursións en kaiak ás bateas da zona
para ver o proceso do cultivo do mexilón
—Talleres de marisqueo
—Rutas en bici
—Snorkel
—Talleres de cociña
—Todo o que vaia xurdindo en relación co sector do mar
Sempre gozando da contorna dun xeito san e sostible e poñendo en valor o traballo no mariscadora
“Intentamos innovar en novos produtos, buscando diferenciarnos dos demais, e dar un valor engadido
aos nosos usuarios”
“Intentamos innovar en novos produtos, buscando diferenciarnos dos demais, e dar un valor engadido aos nosos usuarios”
“Xurde da necesidade de dotar a zona na que vivimos de servizos relacionados co sector e coa súa posta en valor”
“Queríamos intentar vivir do mar pero dun xeito diferente”
“O soldo precario das mariscadoras de la zona fainos reformular a necesidade de cambiar a nosa vida, tentando combinar a nosa paixón polo mundo do mar e o sector do mar”.
“A xente que me rodeaba dicíame que estaba tola, que me arriscaba a perder o meu permex”.
Traballo
Formación
Moitas horas de dedicación
Non hai que ter medo a equivocarse. O camiño percórrese pouco a pouco, nós despois de 11 anos empezamos a recoller os froitos de todo un traballo realizado con anterioridade
A satisfacción persoal de ter un soldo digno facendo o que lle gusta
Coñecer e relacionarse con moita xente á que coñece grazas a traballar cara o público
“Sempre. Seguir formándome, innovar en novos produtos para sorprender aos nosos usuarios”
www.piraguilla.com