Rosa Rodríguez Vidal, fundadora da asociación, cóntanos que as redeiras estiveron tradicionalmente desarticuladas. Esta asociación naceu no 2009 para que estas mulleres que traballaban de forma illada, na súa familia, puidesen unificar tarifas, esixir recoñecemento profesional e promover iniciativas que mellorasen as súas condicións de vida e de traballo. Ao inicio eran só cinco redeiras. Na actualidade forman parte dela vinte e unha redeiras dos portos de Corme e Laxe.
"A cuestión era estar unidas para ter máis forza. En grupo escóitanse máis as nosas peticións e fannos máis caso. Temos unha profesión que era case invisible: tratábase de facela visible e ir gañando os nosos dereitos".
"Agora temos menos problemas de competencia entre nós: o prezo que conseguimos unidas mesmo se duplicou. Ademais, conseguimos que se recoñeceran algunhas enfermidades profesionais".
Seguindo a estela doutras redeiras noutros portos galegos, no camiño pola dignificación da profesión animáronse a participar en iniciativas innovadoras como a aplicación do oficio de redeira artesá ao ámbito dos complementos de moda.
"Queríamos amosar o noso traballo desde outro punto de vista. E así foi como as redes serviron para crear novos complementos de moda que comercializamos co selo de Artesanía de Galicia"
"R&M naceu motivada pola estacionalidade do traballo e a baixada de demanda que sufríamos as redeiras en distintos portos. Precisabamos diversificar a actividade e tanto a Consellería do Mar como Artesanía de Galicia apoiáronnos para aplicar as nosas artes na artesanía. Lográmolo a través do proxecto Enredadas, no que participaron inicialmente outros portos e no que seguimos as asociacións de Corme e A Guarda"
Seguir impulsando a artesanía
Acadar o coeficiente corrector
(non é posible traballar como redeira con 67 anos).
Combater o intrusismo
https://www.facebook.com/RM-Complementos-414609305412359
http://www.emprendedorasgalicia.es/ecommerce/illadaestrela/es
É unha pequena empresa conserveira familiar que pon en valor o produto local. Traballan desde a tradición, cunha perspectiva actual.
...emprega para as súas conservas peixe e marisco local e fresco con outros ingredientes naturais. Contan con selos de calidade e de orixe.
Recetas innovadoras que non hai no mercado e envases de cristal. O deseño é rompedor (fuxen das letras de pergamiño e tapas con telas de cadros e lazo)
As conservas que se facían na súa casa (Eva, María e Maica
son irmás) para conservar o produto e consumilo durante
todo o ano. A súa nai traballaba no mundo conserveiro.
A certeza de que a súa tradición caseira e local podía chegar a máis persoas: un produto de altísima calidade agochado na economía doméstica non tiña unha saída axeitada ao mercado.
De saír ao paso das dificultades grazas ao apoio da xente da súa contorna (que insistiu na viabilidade da idea) e tamén ao apoio institucional de ser as donas do seu futuro
Ter unha boa razón,
unha boa idea e un bo equipo
Dar a coñecer Sotavento como un referente de calidade no mundo da conserva.
Alí onde haxa brasa e sardiña!
www.conservassotavento.com
Consultora de Vigo especializada en turismo creativo, comunitario e industrial. Ofrecen formación para empresas, emprendedoras
e profesionais do sector turístico
“Achegámonos á poboación local a través das
súas iniciativas empresariais, culturais, turísticas ou artesanais. Fomentamos un turismo responsable e achegamos ao turista á poboación local, dando un valor engadido aos seus profesionais, cultura, tradicións e patrimonio, buscando un enriquecemento colectivo”.
I´m a local é unha comunidade baseada en dar
visibilidade e servir de altofalante a pequenos produtores, empresas e guías turísticos para conectar con persoas que viaxan con ganas de vivir experiencias “auténticas”.
Un proxecto de economía circular e colaborativa
Permíteche adentrarte no interior das fábricas ou de iniciativas locais. É un lugar de encontro entre empresas, turistas e guías turísticos.
Asistencia técnica, xestión e coordinación das visitas. A provincia coruñesa conta cun espléndido catálogo de empresas conserveiras, varias delas cunha bagaxe de máis dun século de experiencia, pero tamén con outras de recente creación dedicadas a abrir camiño con produtos innovadores, como as algas ou a orella de mar.
visítase as empresas e os museos, descóbrese historias,
achéganse a espazos naturais, paseos polo mar, etc.
imalocal.es
www.ponlecaraalturismo.com
Formouse no 2004 para defender
os intereses das asociadas.
Comezaron sendo 5,
hoxe son 26.
Ángeles Mille é a presidenta da asociación e secretaria de Anmupesca: "Comprobamos que unidas podíamos conseguir cousas importantes, como o recoñecemento das indemnizacións".
«Vimos que o noso traballo tiña valor, recoñecíase, podía estar mellor pagado. Loitamos por manter o que conseguimos e superarnos»
Á parte do seu traballo, organizan visitas escolares, turísticas e para o público en xeral. Ensinan o seu traballo; a conservación
de artes e aparellos de pesca.
"Conseguimos carga de traballo no cerco e no palangre. Temos clientes que nos contratan porque saben que o facemos ben".
"Custou facer ver que as que traballamos o palangre somos tamén redeiras. Cando naceu a asociación non nos daban traballo no palangre: os intermediarios non querían que nos metésemos no seu negocio"
As cousas conséguense a medio prazo.
E para iso, é moi importante a formación
e a información. O diálogo
A Ángeles gústanlle as cigalas, o abadexo e a robaliza. O cabo de San Adrián e os acantilados. Mirar a illa, os barcos, ver pasar os arroaces.
A súa candieira é "o que debe guiar ás persoas é crer nelas mesmas".