Conca de Arcachón _ Val de l’Eyre _ Aquitania (Francia)
www.femer.fr#galerie-grains-textures
Nos últimos anos o curtido de pel de peixe está a experimentar un crecemento importante. O tratamento da pel dalgunhas especies mariñas é similar ao aplicado cos mamíferos e os seus coiros ofrecen unha notábel resistencia e aspecto orixinal. Empréganse para confeccionar zapatos, pequena marroquinería e prendas de vestir.
a partir de pel de robaliza, bacallao, raia, tiburón, anguila...
Mediante a cooperación con pescadores
e deseñadores locais, e inspirándose en técnicas tradicionais doutras comunidades pesqueiras de Europa, unha emprendedora francesa desenvolve un innovador proceso de curtido de pel de peixe que lle permite vender o seu coiro mariño a deseñadores de moda de todo o país.
A pel de peixe convértese
en coiro de alta calidade para
o seu uso na industria da moda.
Aproveitamento dos recursos da pesca local
Impacto positivo
no medio ambiente
Economía circular
no sector pesqueiro
Fomento dun crecemento
sostible e integrador
Este proxecto contou coa axuda FLAG local,
do Eixo 4 do FEP (Fondo Europeo de Pesca)
e do Fondo Social Europeo.
A empresa traballa con 40 artesáns que compran
a pel a FEMER para desenvolver novos produtos
que se benefician dunha significativa visibilidade
nos medios de comunicación.
Diversificación dentro ou fórado
sector da pesca comercial
Aprendizaxe permanente
Creación de emprego nas zonas
pesqueiras e acuícolas.
En Finlandia o secado de pel de peixe emprégase como materia prima noutros produtos.
Moda sostible, bolsos con pel de peixe desde Madrid: (é unha liña dentro algodón orgánico, curtición vexetal e peixe de alta calidade).
http://www.idunnbags.com
Conca de Arcachón _ Val de l’Eyre _ Aquitania (Francia)
www.femer.fr#galerie-grains-textures
Pequeno territorio encaixado entre o mar Cantábrico e as montañas vascas, conformado polos municipios de Mutriku, Deba e Zumaia.
A primeira vista, destaca pola harmonía das diferentes tonalidades de verde dos pastos
e bosques que se suceden desde a liña
de costa até terra dentro.
Pero o verdadeiro interese deste
lugar atópase nas súas entrañas
porque a xeoloxía é a protagonista:
13 quilómetros de cantís, formación
de capas de roca chamadas Flysch
que amosan 60 millóns de anos
da historia da Terra.
Pertence á Rede de Xeoparques
Mundiais da Unesco desde 2015,
xunto a outros 10 do estado e levan
15 anos de traballo como asociación.
Percorridos polos cantís e excursións en barco.
Viaxar no tempo para descubrir a fina capa
de cor negra que evidencia o impacto dun gran asteroide e a gran extinción dos dinosauros.
Visitar unha das vilas máis antigas
de Europa e ver o mellor conxunto de cabalos de arte parietal do planeta atopado na cova
de Ekain (Patrimonio da Humanidade).
Oferta de visitas guiadas permite
ver os cantís desde o mar ou percorrer
os vales interiores aprendendo a facer
queixo cos produtores locais.
Varias áreas recreativas e máis de
20 quilómetros de sendeiros temáticos
sinalizados e interpretados.
Ruta dos Miradores, formada
por 15 paneis interpretativos que
nos darán una visión xeral sobre
o patrimonio deste lugar.
O desenvolvemento sustentable e equilibrado
do territorio, con especial apoio nos seus valores
xeolóxicos, naturais e culturais, mediante
o desenvolvemento de accións e a posta en marcha
de actividades cuxo efecto redunde en beneficio
das persoas que o habitan
A protección e conservación do patrimonio
natural, énfase especial no seu patrimonio xeolóxico, e a súa posta en valor como recurso,
coa finalidade do desenvolvemento económico
e social da súa poboación.
O fomento das ciencias da Terra
nos ámbitos da investigación, educación, difusión, e o impulso das outras ciencias naturais e ambientais.
A posta en valor, dinamización,
recuperación e difusión
do patrimonio cultural.
Fomento da educación ambiental
e do turismo de natureza
Mellora da calidade turística
e da oferta do territorio.
A promoción e realización de actividades vinculadas ao patrimonio cultural material e inmaterial (tradicións, costumes, oficios, memoria oral, creación artística, etc.), dando prioridade a aquelas actividades máis vinculadas co patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico.
Dinamización de actividades económicas, especialmente as relacionadas cos produtos locais.
Promover e realizar as accións de cooperación con outras entidades