Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados"
Asociación cultural de mariscadoras
e redeiras que organiza rutas de turismo mariñeiro
Foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.
Na actualidade tamén visitan
conserveiras e adegas.
En 2004, tras formarse en dinamización do medio mariño. María José Cacabelos é a presidenta de Guimatur: “Dezaseis de nós aprendemos nese curso a falar en público e tratar aos clientes. Da actividade xa sabiamos. Ese mesmo ano fixemos a primeira ruta, optando pola fórmula de asociación cultural”
“Guimatur é unha alternativa e un apoio ao noso traballo principal, o marisqueo. Vamos a feiras turísticas e entramos en paquetes de axencias grandes”
Guimatur recibiu varios premios: O Equal, o do Diario
de Arousa, en FITUR... “Co que recibimos do Equal mercamos unha caseta informativa”
“Ao principio ninguén daba un peso por nós.
Circulaba o estereotipo de que as mariscadoras
non eramos formais”.
“Pero seguimos e estamos promocionando
o noso traballo e poñendo en valor os nosos
recursos e iso fainos sentir moi orgullosas”.
O esforzo. “Todo depende de nós directamente
e aplicámonos na xestión”. Ao non estar
xestionado por unha entidade ou unha confraría,
as mulleres organízanse con tempo.
Os detalles: “Agasallan unha bolsiña de cunchas que fan as redeiras e unha guía de marisqueo."
O amor propio: “Non só servimos para traballar no mar, senón tamén para transmitir o valor do noso traballo e do produto”
Para impulsar unha iniciativa semellante,
as mulleres de Guimatur aconsellan:
Quen visita as mariscadoras ve o seu
traballo, admírao, ve as vantaxes
(a conciliación, “non ter ninguén a mandar
en ti”). Todo isto xeroulles máis autoestima!
“É moi bonito facer as rutas, coñecer
a persoas que teñen outras experiencias,
tratar co público”
http://guimatur.org/