Formouse no 2004 para defender
os intereses das asociadas.
Comezaron sendo 5,
hoxe son 26.
Ángeles Mille é a presidenta da asociación e secretaria de Anmupesca: "Comprobamos que unidas podíamos conseguir cousas importantes, como o recoñecemento das indemnizacións".
«Vimos que o noso traballo tiña valor, recoñecíase, podía estar mellor pagado. Loitamos por manter o que conseguimos e superarnos»
Á parte do seu traballo, organizan visitas escolares, turísticas e para o público en xeral. Ensinan o seu traballo; a conservación
de artes e aparellos de pesca.
"Conseguimos carga de traballo no cerco e no palangre. Temos clientes que nos contratan porque saben que o facemos ben".
"Custou facer ver que as que traballamos o palangre somos tamén redeiras. Cando naceu a asociación non nos daban traballo no palangre: os intermediarios non querían que nos metésemos no seu negocio"
As cousas conséguense a medio prazo.
E para iso, é moi importante a formación
e a información. O diálogo
A Ángeles gústanlle as cigalas, o abadexo e a robaliza. O cabo de San Adrián e os acantilados. Mirar a illa, os barcos, ver pasar os arroaces.
A súa candieira é "o que debe guiar ás persoas é crer nelas mesmas".