Caso de éxito de Marca-territorio en España
Divulgar e dar a coñecer outras experiencias de marca-territorio do ámbito nacional, ao tempo que procuramos que se consolide a nosa marca ao longo de toda a COSTA DA MORTE para maximizar as fortalezas da mesma.
Pequeno territorio encaixado entre o mar Cantábrico e as montañas vascas, conformado polos municipios de Mutriku, Deba e Zumaia.
A primeira vista, destaca pola harmonía das diferentes tonalidades de verde dos pastos e bosques que se suceden desde a liña de costa até terra dentro.
Pero o verdadeiro interese deste lugar atópase nas súas entrañas porque a xeoloxía é a protagonista:
13 quilómetros de cantís, formación de capas de roca chamadas Flysch que amosan 60 millóns de anos da historia da Terra.
Pertence á Rede de Xeoparques
Mundiais da Unesco desde 2015,
xunto a outros 10 do estado e levan 15 anos de traballo como asociación.
Viaxar no tempo para descubrir a fina capa de cor negra que evidencia o impacto dun gran asteroide e a gran extinción dos dinosauros.
Percorridos polos cantís e excursións en barco.
Oferta de visitas guiadas permite ver os cantís desde o mar ou percorrer os vales interiores aprendendo a facer queixo cos produtores locais.
Visitar unha das vilas máis antigas de Europa e ver o mellor conxunto de cabalos de arte parietal do planeta atopado na cova de Ekain (Patrimonio da Humanidade).
Ruta dos Miradores, formada por 15 paneis interpretativos que nos darán una visión xeral sobre o patrimonio deste lugar.
Varias áreas recreativas e máis de 20 quilómetros de sendeiros temáticos sinalizados e interpretados.
O desenvolvemento sustentable e equilibrado do territorio, con especial apoio nos seus valores xeolóxicos, naturais e culturais, mediante o desenvolvemento de accións e a posta en marcha de actividades cuxo efecto redunde en beneficio das persoas que o habitan
A protección e conservación do patrimonio
natural, énfase especial no seu patrimonio xeolóxico, e a súa posta en valor como recurso, coa finalidade do desenvolvemento económico e social da súa poboación.
O fomento das ciencias da Terra
nos ámbitos da investigación, educación, difusión, e o impulso das outras ciencias naturais e ambientais.
A posta en valor, dinamización, recuperación e difusión do patrimonio cultural.
Fomento da educación ambiental e do turismo de natureza.
Mellora da calidade turística e da oferta do territorio.
A promoción e realización de actividades vinculadas ao patrimonio cultural material e inmaterial (tradicións, costumes, oficios, memoria oral, creación artística, etc.), dando prioridade a aquelas actividades máis vinculadas co patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico.
Dinamización de actividades económicas, especialmente as relacionadas cos produtos locais.
Promover e realizar as accións de cooperación con outras entidades,