Rosa Lafuente

 

Rosa Lafuente

Rosa é farmacéutica de profesión. Retomou as rendas do negocio familiar, Conservera Gallega
(Paco Lafuente), cando seu pai quixo xubilarse. Actualmente é a directora da empresa.

“Comecei de carambola, estaba facendo traballos que non eran o meu”. O pai deixoulles a empresa a ela e aos seus irmáns. Na actualidade só ela segue na empresa, onde traballan 3 persoas fixas e entre 20 e 40 persoas en temporada.

 

Conservera gallega
 

Dedícase á fabricación de conservas selectas de peixe e mariscos desde hai máis de 100 anos, procesados case completamente a man baixo a supervisión da familia fundadora. Apenas se admite a mecanización para manter os estándares de calidade.

 

 

 

Rosa Lafuente

Esta aposta fixo que a empresa se fixera un oco nos comercios gourmet da península, se ben os principais clientes están en Cataluña e Levante.

 

 

Rosa Lafuente

Elaboramos as conservas de forma tradicional, seleccionando e empacando artesanalmente, sen agregar produtos químicos, xa que o proceso de esterilización é máis que suficiente garantía de seguridade. O resto das características proceden exclusivamente das materias primas utilizadas, por iso traballamos con produtos de máxima calidade.

As instalacións da empresa están en Vilanova de Arousa, á beira da ría, que a Rosa lle encanta porque “parece un lago”. Tamén lle gusta a ría de Noia, “polo berberecho” e a Ría de Pontevedra, o primeiro que vía ao erguerse de pequena era a illa de Tambo. Pero gústanlle múltiples paisaxes. “Sempre procuro sacar o máis positivo das cousas, o mellor”.

 

Rosa Lafuente

Conserva e algo máis
 

Para Rosa, o futuro da empresa e, en xeral, da conserva, pasa por cociñar e facer cociñar, por presentar elaboracións. “Unha quinta gama”, di. A empresa ten creado alianzas con cociñeiros como Pepe Solla, que traballa en showcookings con produtos seus.

 

Rosa Lafuente

A igualdade
 

“Crieime na igualdade, para min unha muller e un home son iguais, agás na forza bruta”.

“A muller de Galicia traballa moitísimo e ten un peso específico moi forte, non é como noutros lugares. Leva toda a casa no económico e no familiar. Leva as leiras, os fillos, vai mariscar, leva a casa”.

 

Rosa Lafuente

Rosa Lafuente

By GALP

Rosa Lafuente

Conservera Gallega é unha empresa centenaria cunha longa experiencia na elaboración de conservas de calidade situada en Vilanova de Arousa. A coidada presentación da liña Rosa Lafuente, cun envoltorio "vintage" pón en valor o produto, cun proceso de elaboración natural que coida a tradición.

  • 619