Guimatur

 

Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados"

Asociación cultural de mariscadoras
e redeiras
que organiza rutas de turismo mariñeiro

 

 

Guimatur

Foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.

Na actualidade tamén visitan
conserveiras e adegas.

O inicio
 

En 2004, tras formarse en dinamización do medio mariño. María José Cacabelos é a presidenta de Guimatur: “Dezaseis de nós aprendemos nese curso a falar en público e tratar aos clientes. Da actividade xa sabiamos. Ese mesmo ano fixemos a primeira ruta, optando pola fórmula de asociación cultural

 


Guimatur

“Guimatur é unha alternativa e un apoio ao noso traballo principal, o marisqueo. Vamos a feiras turísticas e entramos en paquetes de axencias grandes”

 

 

Guimatur

 

Guimatur

Premios
 

Guimatur recibiu varios premios: O Equal, o do Diario
de Arousa, en FITUR... “Co que recibimos do Equal mercamos unha caseta informativa”

 

 

Guimatur

Tópicos contra
os que loitar

 

“Ao principio ninguén daba un peso por nós.
Circulaba o estereotipo de que as mariscadoras
non eramos formais”.

“Pero seguimos e estamos promocionando
o noso traballo e poñendo en valor os nosos
recursos e iso fainos sentir moi orgullosas”.

 

Guimatur

As claves do éxito
 

O esforzo. “Todo depende de nós directamente
e aplicámonos na xestión”. Ao non estar
xestionado por unha entidade ou unha confraría,
as mulleres organízanse con tempo.

 

Os detalles: “Agasallan unha bolsiña de cunchas que fan as redeiras e unha guía de marisqueo."

 

O amor propio: “Non só servimos para traballar no mar, senón tamén para transmitir o valor do noso traballo e do produto”

 

 

Guimatur

Consellos
 

Para impulsar unha iniciativa semellante,
as mulleres de Guimatur aconsellan:

  • Darlle tempo
  • Ser responsable, cumprir o traballo
    e telo ben organizado
  • Adaptarse ás necesidades dos clientes (sempre que o mar o permita)

 

 

Guimatur

Orgullo de mariscadora
 

Quen visita as mariscadoras ve o seu
traballo, admírao, ve as vantaxes
(a conciliación, “non ter ninguén a mandar
en ti”). Todo isto xeroulles máis autoestima!

 

 

 

“É moi bonito facer as rutas, coñecer
a persoas que teñen outras experiencias,
tratar co público”

Na rede
 

http://guimatur.org/

Guimatur

Guimatur

By GALP

Guimatur

Asociación cultural de mariscadoras e redeiras creada en 2004 que organiza rutas de turismo mariñeiro e visitas a conserveiras e adegas. Elas foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.

  • 722