Asociación
de redeiras
O Fieital


 

As orixes
 

Formouse no 2004 para defender
os intereses das asociadas.
Comezaron sendo 5,
hoxe son 26.

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

A unión durante
o Prestige

Ángeles Mille é a presidenta da asociación e secretaria de Anmupesca: "Comprobamos que unidas podíamos conseguir cousas importantes, como o recoñecemento das indemnizacións".

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Loitadoras

«Vimos que o noso traballo tiña valor, recoñecíase, podía estar mellor pagado. Loitamos por manter o que conseguimos e superarnos»

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Actividades

Á parte do seu traballo, organizan visitas escolares, turísticas e para o público en xeral. Ensinan o seu traballo; a conservación
de artes e aparellos de pesca.

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Os logros

"Conseguimos carga de traballo no cerco e no palangre. Temos clientes que nos contratan porque saben que o facemos ben".

  • Recoñecemento dun traballo que era "complementario" ás labores caseiras.
  • Profesionalización.
  • Ter un soldo digno, conseguir o certificado de profesionalidade.
  • Cinco das asociadas son formadoras.
  • Ter máis autoestima!

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Dificultades superadas

"Custou facer ver que as que traballamos o palangre somos tamén redeiras. Cando naceu a asociación non nos daban traballo no palangre: os intermediarios non querían que nos metésemos no seu negocio"

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Paciencia,
formación

As cousas conséguense a medio prazo.
E para iso, é moi importante a formación
e a información. O diálogo

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

Retos futuros

  • O recoñecemento das enfermidades profesionais
     
  • O coeficiente redutor

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

A Ángeles gústanlle as cigalas, o abadexo e a robaliza. O cabo de San Adrián e os acantilados. Mirar a illa, os barcos, ver pasar os arroaces.

 

Asociación
de Redeiras
O Fieital

A súa candieira é "o que debe guiar ás persoas é crer nelas mesmas".

O Fieital

By GALP

O Fieital

Asociación formada no 2004 para defender os intereses das redeiras asociadas e loitar polo recoñecemento dun oficio que era "complementario" ás labores caseiras. Organizan visitas escolares e turísticas e para o público en xeral.

  • 1,115