Porto de Cambados

 

Nace no seo da Confraría de San Antonio de Cambados no 2012

Que se buscaba?
 

Que a confraría botase man da comercialización da vieira galega, de Arousa —e doutras rías como Pontevedra e Ferrol— cumprindo cos requisitos sanitarios e de trazabilidade con garantías.

Na actualidade tamén comercializan outros produtos certificados PESCADERIAS a través de Exquisitec. Porto de Cambados diríxese a distribuidores e hostalería gourmet, mentres que o cliente de Exquisitec é o consumidor final.

 

Porto
de Cambados

A empresa
 

Mar Ambroa é unha das fundadoras. Chegou a Cambados en 2004 (é de Cotobade):  “Empezamos a capturar pero en prezo non podíamos competir”.

Pouco a pouco foron entrando no mercado e acadando a súa propia carteira de clientes, grazas á participación en feiras e outras labores de difusión e información.

 

Porto
de Cambados

Porto de Cambados factura máis de 1 millón de euros ao ano.

Ademais de Mar, forman parte da empresa dúas persoas máis.

“En Cambados hai máis de vinte barcos relacionados coa captura da vieira. Para outras fases como a evisceración e o procesado contrátase a moitas mulleres”, explica Mar.

 

Porto
de Cambados

Porto
de Cambados

Revalorizar produto
e traballo

 

“Estamos orgullosas de ter involucrado ao sector primario. Penso que o logramos”.

A constancia foi clave para chegar a facer valer o produto galego. Só con constancia, traballo e un produto “de calidade suprema” foron quen de chegar aos centros de mercado.

 

Porto
de Cambados

Mimar
o produto

 

“Isto require paciencia tamén. Agora que o produto comeza a escasear hai que tratar ben o pouco que temos, facelo valer”.

É necesario respetar as vedas e coidar os nosos recursos.

 

Porto
de Cambados

Mellora
profesional

 

Mar estudou Empresas e ten un máster en fiscal. “Poñer en marcha unha confraría foi unha oportunidade laboral única.”

A mar gústalle todo o peixe. “O 24 de Nadal cunha nécora e unha copa de Mencía estou contenta”. Tamén adora os xurelos.

 

Porto
de Cambados

http://www.portodecambados.com/

Na rede


 

Porto de Cambados

By GALP

Porto de Cambados

Empresa nacida no seo da Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados no 2012, coa finalidade de colocar no mercado unha vieira galega que cumplira todos los requisitos sanitarios e de trazabilidade. Co certificado de PescadeRías, garántese un produto da pesca do día, artesanal, selectiva, sostible e responsable.

  • 92
Loading comments...

More from GALP