Femer Peau Marine

Curtido de pel de peixe

 

Conca de Arcachón _ Val de l’Eyre _ Aquitania (Francia)
www.femer.fr#galerie-grains-textures

 

Nos últimos anos o curtido de pel de peixe está a experimentar un crecemento importante. O tratamento da pel dalgunhas especies mariñas é similar ao aplicado cos mamíferos e os seus coiros ofrecen unha notábel resistencia e aspecto orixinal. Empréganse para confeccionar zapatos, pequena marroquinería e prendas de vestir.
a partir de pel de robaliza, bacallao, raia, tiburón, anguila...

Mediante a cooperación con pescadores
e deseñadores locais,
e inspirándose en técnicas tradicionais doutras comunidades pesqueiras de Europa, unha emprendedora francesa desenvolve un innovador proceso de curtido de pel de peixe que lle permite vender o seu coiro mariño a deseñadores de moda de todo o país.

A pel de peixe convértese
en coiro de alta calidade para
o seu uso na industria da moda.

Aproveitamento dos recursos da pesca local

Impacto positivo
no medio ambiente

 

Economía circular
no sector pesqueiro

Fomento dun crecemento
sostible e integrador

 

Axudas

Este proxecto contou coa axuda FLAG local,
do Eixo 4 do FEP (Fondo Europeo de Pesca)
e do Fondo Social Europeo.

 

A empresa

A empresa traballa con 40 artesáns que compran
a pel a FEMER para desenvolver novos produtos
que se benefician dunha significativa visibilidade
nos medios de comunicación.

 

Obxectivos estratéxicos:

  • Diversificación dentro ou fórado
    sector da pesca comercial

  • Aprendizaxe permanente

  • Creación de emprego nas zonas
    pesqueiras e acuícolas.

Casos similares:

 

  • En Finlandia o secado de pel de peixe emprégase como materia prima noutros produtos.

  • Moda sostible, bolsos con pel de peixe desde Madrid: (é unha liña dentro algodón orgánico, curtición vexetal e peixe de alta calidade).
    http://www.idunnbags.com
     

Femer Peau Marine

Curtido de pel de peixe

 

Conca de Arcachón _ Val de l’Eyre _ Aquitania (Francia)
www.femer.fr#galerie-grains-textures

 

Xeoparque
da costa vasca

www.geoparkea.com

 

 

Pequeno territorio encaixado entre o mar Cantábrico e as montañas vascas, conformado polos municipios de Mutriku, Deba e Zumaia.
A primeira vista, destaca pola harmonía das diferentes tonalidades de verde dos pastos
e bosques que se suceden desde a liña
de costa até terra dentro.

Pero o verdadeiro interese deste
lugar atópase nas súas entrañas
porque a xeoloxía é a protagonista:
13 quilómetros de cantís, formación
de capas de roca chamadas Flysch
que amosan 60 millóns de anos
da historia da Terra
.

Pertence á Rede de Xeoparques
Mundiais da Unesco
desde 2015,
xunto a outros 10 do estado e levan
15 anos de traballo como asociación.

 

Algunhas actividades

  • Percorridos polos cantís e excursións en barco.
    Viaxar no tempo para descubrir a fina capa
    de cor negra que evidencia o impacto dun gran asteroide e a gran extinción dos dinosauros.

  • Visitar unha das vilas máis antigas
    de Europa
    e ver o mellor conxunto de cabalos de arte parietal do planeta atopado na cova
    de Ekain (Patrimonio da Humanidade).

  • Oferta de visitas guiadas permite
    ver os cantís desde o mar ou percorrer
    os vales interiores aprendendo a facer
    queixo cos produtores locais.

  • Varias áreas recreativas e máis de
    20 quilómetros de sendeiros temáticos
    sinalizados e interpretados.

  • Ruta dos Miradores, formada
    por 15 paneis interpretativos que
    nos darán una visión xeral sobre
    o patrimonio deste lugar.

Obxectivos:

  • O desenvolvemento sustentable e equilibrado
    do territorio, con especial apoio nos seus valores
    xeolóxicos, naturais e culturais, mediante
    o desenvolvemento de accións e a posta en marcha
    de actividades cuxo efecto redunde en beneficio
    das persoas que o habitan

  • A protección e conservación do patrimonio
    natural,
    énfase especial no seu patrimonio xeolóxico, e a súa posta en valor como recurso,
    coa finalidade do desenvolvemento económico
    e social da súa poboación.

  • O fomento das ciencias da Terra
    nos ámbitos da investigación, educación, difusión, e o impulso das outras ciencias naturais e ambientais.

  • A posta en valor, dinamización,
    recuperación e difusión
    do patrimonio cultural.

  • Fomento da educación ambiental
    e do turismo de natureza

  • Mellora da calidade turística
    e da oferta do territorio.

  • A promoción e realización de actividades vinculadas ao patrimonio cultural material e inmaterial (tradicións, costumes, oficios, memoria oral, creación artística, etc.), dando prioridade a aquelas actividades máis vinculadas co patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico.

     

  • Dinamización de actividades económicas, especialmente as relacionadas cos produtos locais.

  • Promover e realizar as accións de cooperación con outras entidades

Xeoparque
da costa vasca

www.geoparkea.com

 

 

Proxectos-GALP-Artabro-Sur

By GALP

Proxectos-GALP-Artabro-Sur

  • 474