Babadiva

 

Educación ambiental e ecoturismo

Compromiso
coa conservación
do medio ambiente

 

Babadiva

 

  • Dedícase á educación ambiental e o ecoturismo,
    sempre desde a busca da innovación.
  • O seu equipo confórmano persoas profesionais
    do ámbito da Bioloxía (Especialización
    en recursos pesqueiros, Educación e Formación)     e con experiencia como monitoras.
  • A súa oficina está en Nigrán

 

Babadiva

Babadiva busca
 

  • A diversificación e a dinamización económica do sector pesqueiro e doutros relacionados (turismo, hostelería, comercio, etc.) no Valmiñor.

  • Ofrecer unha alternativa turística integral

  • A desestacionalización e a descentralización do turismo cara dentro dos municipios.

  • Concienciar e sensibilizar arredor do medio ambiente e dos recursos naturais

 

Babadiva

Marmiñor Rutas dá resposta ás necesidades
dun novo perfil de visitante: aquel que busca programas alternativos ao turismo de sol e praia

 

 

Babadiva

Como o fan?
 

  • Aproveitan os recursos propios da zona: lonxas, portos, espazos naturais, etc.

  • Colaboran con profesionais do sector da pesca e o marisqueo e do campo medioambiental.

  • Posiciónanse en axencias de viaxes, oficinas de turismo, e a través de internet

 

Babadiva

Babadiva ofrece
 

Itinerarios sostibles: Combina actividades culturais, gastronómicas, deportivas e rutas adaptadas a diferentes perfís (xente nova, familias, centros educativos, colectivos con necesidades especiais, etc.)

 

Babadiva

Actividades
 

  • Algunhas das súas visitas: ao porto e a lonxa, aos areais marisqueiros, a espazos naturais protexidos, a bateas, ás lugares de traballo das redeiras, ás Cíes...
     
  • Tamén fan talleres de cociña para degustar os produtos do mar, en colaboración con restaurantes, visitan instalacións produtivas, elementos diversos do patrimonio cultural, natural e etnográfico (pazos, igrexas, petroglifos, bosques e ríos), programan obradoiros de micoloxía, exposicións, concursos fotógraficos e de pintura...

 

Babadiva

Babadiva

Non hai nada que
Babadiva non estea
disposta a organizar!

 

Babadiva

Na rede

  • www.babadiva.es

 

Guimatur

 

Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados"

Asociación cultural de mariscadoras
e redeiras
que organiza rutas de turismo mariñeiro

 

 

Guimatur

Foron pioneiras nas visitas ás praias de marisqueo e ao porto.

Na actualidade tamén visitan
conserveiras e adegas.

O inicio
 

En 2004, tras formarse en dinamización do medio mariño. María José Cacabelos é a presidenta de Guimatur: “Dezaseis de nós aprendemos nese curso a falar en público e tratar aos clientes. Da actividade xa sabiamos. Ese mesmo ano fixemos a primeira ruta, optando pola fórmula de asociación cultural

 


Guimatur

“Guimatur é unha alternativa e un apoio ao noso traballo principal, o marisqueo. Vamos a feiras turísticas e entramos en paquetes de axencias grandes”

 

 

Guimatur

 

Guimatur

Premios
 

Guimatur recibiu varios premios: O Equal, o do Diario
de Arousa, en FITUR... “Co que recibimos do Equal mercamos unha caseta informativa”

 

 

Guimatur

Tópicos contra
os que loitar

 

“Ao principio ninguén daba un peso por nós.
Circulaba o estereotipo de que as mariscadoras
non eramos formais”.

“Pero seguimos e estamos promocionando
o noso traballo e poñendo en valor os nosos
recursos e iso fainos sentir moi orgullosas”.

 

Guimatur

As claves do éxito
 

O esforzo. “Todo depende de nós directamente
e aplicámonos na xestión”. Ao non estar
xestionado por unha entidade ou unha confraría,
as mulleres organízanse con tempo.

 

Os detalles: “Agasallan unha bolsiña de cunchas que fan as redeiras e unha guía de marisqueo."

 

O amor propio: “Non só servimos para traballar no mar, senón tamén para transmitir o valor do noso traballo e do produto”

 

 

Guimatur

Consellos
 

Para impulsar unha iniciativa semellante,
as mulleres de Guimatur aconsellan:

  • Darlle tempo
  • Ser responsable, cumprir o traballo
    e telo ben organizado
  • Adaptarse ás necesidades dos clientes (sempre que o mar o permita)

 

 

Guimatur

Orgullo de mariscadora
 

Quen visita as mariscadoras ve o seu
traballo, admírao, ve as vantaxes
(a conciliación, “non ter ninguén a mandar
en ti”). Todo isto xeroulles máis autoestima!

 

 

 

“É moi bonito facer as rutas, coñecer
a persoas que teñen outras experiencias,
tratar co público”

Na rede
 

http://guimatur.org/

Guimatur

ANMUPESCA

 

Asociación Nacional
de Mujeres de la Pesca

Algunhas foron pioneiras ao constituír as asociacións que integran ANMUPESCA, afianzando a súa posición na súa área estratéxica (redeiras, mariscadoras, transformadoras do peixe).

Intégrana 18 asociacións,
máis de 600 mulleres de todo o Estado

 

ANMUPESCA

Creouse no 2016 resultado do convencemento
de que só unidas conseguirán obxectivos comúns

 

É a primeira asociación a nivel nacional que agrupa as mulleres de todas as actividades vinculadas á pesca: redeiras, mariscadoras, mariñeiras, sector da acuicultura, a industria da transformación e armadoras.

ANMUPESCA

“Moitas das nosas profesións non constan como tales. Desde ANMUPESCA temos que definir e concretar esas ocupacións de facto cuxo formulamento teórico é nulo ou permanece oculto”.
Decidimos dar o paso de crear a asociación para poñer riba da mesa problemas que nos son comúns, como a competencia desleal, ou a conciliación, entre outros moitos asuntos”.

 

ANMUPESCA

Aposta, ademais, por facer proxectos e crear postos de traballo cun impacto enriquecedor no territorio onde se implantan: “As mulleres teñen unha vida empresarial máis longa e crean máis postos de traballo”, din desde a asociación.

 

ANMUPESCA

ANMUPESCA

Defenden:
 

  • Intereses económicos e profesionais das asociadas e das mulleres que traballan no sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola ou nas actividades e servizos vinculadas

  • Visibilización e dignificación. Mellora das condicións profesionais

  • Reforzo do empoderamento

  • Aumento do recoñecemento e conciencia social

  • Labor informativa de cara a incorporar novas asociacións

  • Darse a coñecer á sociedade e ás administracións e entidades con competencia en materia de pesca e igualdade

  • Busca de financiamento para poñer en marcha proxectos

  • Mellora da conciliación

 

ANMUPESCA

Demandas
á administración

 

Traballo a prol de retos e na defensa
de problemas comúns

  • Aínda hai profesionais que non consta
    a súa definición como profesión

  • Necesidade do coeficiente reductor
    en materia de xubilación

  • Recoñecemento de
    enfermidades profesionais

 

Candieira: experiencias inspiradoras #2

By GALP

Candieira: experiencias inspiradoras #2

Babadiva, educación ambiental e ecoturismo. / Guimatur. Asociación cultural "Mulleres do mar de Cambados" / ANMUPSCA (Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca)

  • 841