A corrente eléctrica
Relator: Enric Ripoll Mira. 2015
1. Corrente eléctrica
- Que é?
- Intensidade de corrente: unidades
- Sentido da intensidade
- Efectos das correntes
- Símbolos eléctricos
2. A lei de Ohm
- A expresión da lei de Ohm
- Resistencia dun conductor: factores de que depende
- Asociación de resistencias:
- En serie
- En paralelo
- A supercondutividade
- Aparellos de medida
Actividades
1.-Cal é o sentido comunmente usado para a corrente eléctrica? E como circulan os electróns? A que é debida esa diferenza?
2.- Calcula o número de electróns que cruzan cada décima de segundo un fío condutor de prata de 10 m de lonxitude e diámetro 1 mm, se sabes que entre os seus extremos existe una ddp de 1,5 V.
3.- Dispós de varias resistencias de 10 ohms. Indica como e cantas debes asociar para conseguir unha resistencia equivalente de a) 100 ohms; b) 5 ohms; c) 25 ohms.
3. Xeradores de corrente e receptores eléctricos
- Forza electromotriz
- Asociación de xeradores
- F.e.m. e d.d.p entre os bornes dun xerador
- Receptores eléctricos. Forza contraelectromotriz
Actividades
4.- A fem dunha batería de coche é de 24 V. Isto significa que por cada coulomb que atravesa o circuíto, transfórmanse en enerxía eléctrica:
a) 24 J; b) Máis de 24 J;c) Menos de 24 J
Supón que non hai perdas por calor.
5.- Por unha pila de 6 V de fem e 0,4 ohms de resistencia interna circula unha corrente de 25 mA. Calcula: a) A ddp entre os extremos da pila. b) A potencia que subministrou a pila. c) A enerxía eléctrica que transferiu nas súas 100 horas de duración.
6.- Dispós de varias pilas de 1,5 V de fem e 0,1 ohm de resistencia interna. Calcula cantas pilas necesitas e como tes que colocalas para obter un xerador de: a) 4,5 V de fem e 0,3 ohms de resistencia interna. b) 1,5 V de fem e 0,05 ohm de resistencia interna
4. Enerxía da corrente eléctrica
- Traballo e potencia eléctricos
- Lei de Joule
4. Potencial eléctrico
- Equilibrio electrostático
- Capacidade eléctrica, carga non puntual, C = q/V; unidades
- Diferenza de potencial
- Movemento dunha carga nunha ddp
Actividades
14.- Calcula o potencial eléctrico que existe a 10 m dunha carga puntual de 0.3 mC colocada no baleiro.
15.- Explica por que as superficies equipotenciais arredor dunha carga puntual son esféricas.
16.- Obtén o potencial e o campo eléctrico que crean no centro dun cadrado de 1 m de lado catro cargas de 2 mC situadas nos vértices
17.- Dúas cargas puntuais iguais, pero de signo oposto, están separadas 10 m. Anúlase nalgún punto do espazo o potencial eléctrico que xeran en conxunto? E o campo?
18.- Entre dous puntos hai unha diferenza de potencial de 50 V. Qe carga se transportou entre eles se se realizou un traballo externo de 8 J?
19.- Unha carga negativa móvese de forma espontánea entre dous puntos. Cal deles ten un potencial eléctrico superior?
Actividades
20.- Terá a mesma capacidade eléctrica unha esfera metálica maciza ca unha cuncha metálica esférica de igual raio?
21.- Calcula o potencial que adquire un condutor de capacidade 25 uF se recibe unha carga de -5 mC.
5. Lei de Ohm xeneralizada
Traballo e potencia eléctricos
Lei de Joule
6. Produción e distribución da enerxía eléctrica
Traballo e potencia eléctricos
Lei de Joule
Actividades do fin da unidade
A corrente eléctrica
By zorro2002
A corrente eléctrica
Non poderíamos entender o mundo actual sen a enerxía eléctrica.
- 629