LUNS DE NOTICIAS.
Alejandro Leonel Da Silva Malheiro.


DESENVOLVESE UNHA BATERÍA DE ALUMINIO.
Un equipo de científicos da Universidade de Stanford desenvolveu unha batería de aluminio de alto rendemento, capaz de cargar un móbil en menos dun minuto.
Atopase en fase experimental pero os investigadores destacan que esta batería de aluminio podería rematar sendo unha alternativa ás baterías de ión-litio e ás pilas alcalinas.

DEMANDA COLECTIVA NA CONTRA DE FACEBOOK.
Un xuízo contra Facebook por suposta vulneración da privacidade arrancou o 9 de abril na Audiencia Provincial de Viena, co debate centrado en se esta corte é competente e nas acusacións de interese económico contra o impulsor da demanda, un austríaco ao que se sumaron outras 25 mil persoas.


ARGUMENTOS DAS PARTES IMPLICADAS
- Max Schrems, acusa á filial europea de Facebook, de vulnerar as leis de privacidade da Unión Europea, xa que aplica a normativa estadounidense, máis laxar.
- Facebook, considera que o tribunal vienés non é competente neste caso. Ademais, Facebook argumenta que unha demanda colectiva só procede en California, onde ten a súa sede a empresa matriz, e non no país no que reside o demandante.

Despois de varios meses de probas, a compañía Apple lanzou este mércores a versión 8.3 dos seus sistema operativo iOS para todos os equipos iPhone, iPad e iPod, a cal inclúe numerosas melloras de funcionamento, solución de varios problemas e ata unha selección de 300 novas emoticonas.


O iOS 8.3 XA DISPONIBLE PARA EQUIPOS iPhone

Basicamente, nos puntos onde se realizaron melloras son:
- A execución e capacidade de resposta das aplicacións
- A aplicación Mensaxes
- A conectividade Wi-Fi
- O centro de control
- Os teclados de terceiros
- As funcións rápidas de teclado

De acordo cun estudo da NASA, concluíuse que para 2033 se poderían enviar os primeiros astronautas á órbita de Fobos, e en 2039 pisar Marte. Ademais, sinalaron que as misións deberían ser pensadas con o regreso dos astronautas á Terra e que a nave Orion debería transportalos.
A NASA, QUERE PISAR MARTE



.COM FAS 30 ANOS

O 10 de Abril cumpliu 30 anos o famoso ".com" en internet, grazas a estas tres letras, as empresas tecnolóxicas deixaron os longos algoritmos que se utilizaban antes para acceder ás súas páxinas.
O primeiro .com da historia foi www.symbolics.com, unha empresa tecnolóxica.

YOUTUBE OFRECE UNHA OPCIÓN CONTRA A PUBLICIDADE
Os anuncios de Youtube poderían desaparecer... por preto de 10 euros ao mes. Aínda que a compañía non fixo o anuncio de forma oficial, comezou a enviar mensaxes aos seus usuarios informándoos do cambio que se aproxima.
A canle de vídeos en Internet busca así facer fronte a outras canles como o servizo de Netflix e abriría a porta a máis contidos de calidade.

UN ESTRENO CHEO DE NOVEDADES.
'Felices 140', chega ás pantallas españolas este venres e faino tamén de xeito accesible para as persoas con minusvalidez visual, que poderán seguila en todas as súas salas de proxección, grazas á aplicación AudescMobile, que permite ás persoas con minusvalidez visual acceder á audiodescripción das películas, series, etc., e en xeral facilitar a accesibilidade a calquera produción audiovisual.


Luns de noticias
By alejandro da Silva Malheiro
Luns de noticias
- 37