Cantina
Río Covés
O Centro de Desenvolvemento Rural Euroeume, xestor do programa Proder, é o responsable de entregar os certificados de calidade para a rede de hostalería rural Cantinas do Eume
Cantina Río
Covés
"CANTINAS DO EUME é un proxecto pioneiro en España na adecuación de establecementos rurais a procesos e xestión de calidade é froito do Plan de Desenvolvemento Turístico elaborado por Euroeume e da iniciativa privada.
Cantina Río
Covés
Cantina Río Corvés
O proxecto aposta por unha alternativa ao mundo rural dunha comarca rica en historia e natureza pero cunha poboación de case corenta mil persoas distribuídas nun marco agrario, polo que entendemos que o noso compromiso co desenvolvemento da comarca como unha forma de colaboración ao benestar social.
Cantina Río
Covés
Os pais de Inma levantaron unha casa no antigo varadeiro do Río Covés onde antes o seu avó botara o último vapor. Durante 50 anos foi estanco, cantina e almacén de sal no Esteiro do Covés. A Cantina Río Covés érguese sobre os piares da vella casa familiar.
A familia
Leira Luaces
Cantina Río
Covés
Q de calidade turística
No 2007 a Cantina obtén a primeira certificación en restauración de Galicia
Cantina Río
Covés
As orixes
“Uns avós adiantados ao seu tempo, unha infancia feliz e crer que se pode”.
Na foto, a avoa de Inmaculada Sánchez Leira, que foi “faro e guía” dos oito fillos que tivo
Cantina Río
Covés
As dificultades
“A creación dunha empresa conleva un complexo entramado burocrático. Despois, o propio mercado vai dirixindo e deseñando o tipo de negocio que pode saír adiante”.
Cantina Río
Covés
Recuperar ritmos
e sabores antigos
“Sempre fun consciente da importancia da hostalería no sector turístico. A Cantina diferénciase do resto da hostalería do Eume por ter un sistema de calidade que require unha mellora continua e pola estacionalidade. Non quixen facer innovación na gastronomía, senón recuperar vellos sabores e recendos e que a Cantina fose ao ritmo do que a natureza agasalla en cada tempada”.
Cantina Río
Covés
Esforzo,
comporomiso
e paixón
“A nosa vida cambiou: un restaurante é unha forma de vida e vaise desenvolvendo co tempo. O propio espazo crea posibilidades que hai que probar”.
“Ferrán Adriá dixo: Paradoxicamente, requírese moita orde e disciplina para ser libre, e resultou ser certo”.
“O mundo continua e evoluciona sen pausa. Cos negocios ocorre o mesmo”.
Cantina Río
Covés
Desafíos
e obxectivos
“A sociedade cambiou os seus hábitos de lecer e nós temos que adiantarnos en ofertas. Pontedeume, as Fragas, o mar, o Camiño Inglés... Sempre buscando un turismo sostible.”
Cantina Río
Covés
Na rede
www.riocoves.com
Cantina Río
Covés
Cantina Río Covés
By GALP
Cantina Río Covés
Durante 50 anos este restaurante situado á beira do esteiro do río Covés foi estanco, cantina e almacén de sal no Esteiro do Covés. Sobre os piares da vella casa familiar, ofrece cociña local, recuperando pratos típicos do Eume a carón da lareira. Forma parte do proxecto Cantinas do Eume.
- 749