Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
Un sector desarticulado
Rosa Rodríguez Vidal, fundadora da asociación, cóntanos que as redeiras estiveron tradicionalmente desarticuladas. Esta asociación naceu no 2009 para que estas mulleres que traballaban de forma illada, na súa familia, puidesen unificar tarifas, esixir recoñecemento profesional e promover iniciativas que mellorasen as súas condicións de vida e de traballo. Ao inicio eran só cinco redeiras. Na actualidade forman parte dela vinte e unha redeiras dos portos de Corme e Laxe.
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
A unión fai a forza
"A cuestión era estar unidas para ter máis forza. En grupo escóitanse máis as nosas peticións e fannos máis caso. Temos unha profesión que era case invisible: tratábase de facela visible e ir gañando os nosos dereitos".
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
Menos problemas
de competencia,
máis vantaxes
"Agora temos menos problemas de competencia entre nós: o prezo que conseguimos unidas mesmo se duplicou. Ademais, conseguimos que se recoñeceran algunhas enfermidades profesionais".
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
R&M Complementos
Seguindo a estela doutras redeiras noutros portos galegos, no camiño pola dignificación da profesión animáronse a participar en iniciativas innovadoras como a aplicación do oficio de redeira artesá ao ámbito dos complementos de moda.
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
"Queríamos amosar o noso traballo desde outro punto de vista. E así foi como as redes serviron para crear novos complementos de moda que comercializamos co selo de Artesanía de Galicia"
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
"R&M naceu motivada pola estacionalidade do traballo e a baixada de demanda que sufríamos as redeiras en distintos portos. Precisabamos diversificar a actividade e tanto a Consellería do Mar como Artesanía de Galicia apoiáronnos para aplicar as nosas artes na artesanía. Lográmolo a través do proxecto Enredadas, no que participaron inicialmente outros portos e no que seguimos as asociacións de Corme e A Guarda"
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
O futuro
Seguir impulsando a artesanía
Acadar o coeficiente corrector
(non é posible traballar como redeira con 67 anos).
Combater o intrusismo
Na rede
https://www.facebook.com/RM-Complementos-414609305412359
http://www.emprendedorasgalicia.es/ecommerce/illadaestrela/es
Asociación
de Redeiras
Illa da Estrela
de Corme
Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme
By GALP
Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme
Aplican o oficio de redeira artesá a orixinais creacións (bolsos, mochilas, roupa...) e ofrecen demostracións en vivo onde amosan o seu traballo de montaxe e de reparación de útiles e instrumentos de pesca.
- 1,210